Bombay Rose
Bombay Rose | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bombay Rose |
Director | Gitanjali Rao |
Produtor | Anand Mahindra Rohit Khattar |
Guión | Gitanjali Rao |
Intérpretes | Cyli Khare Amit Deondi Anurag Kashyap Makrand Deshpande Geetanjali Kulkarni Shishir Sharma Virendra Saxena Amardeep Jha |
Música | Cyli Khare Yoav Rosenthal |
Fotografía | Cinestaan Film Company |
Montaxe | Gitanjali Rao |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Venecia: 28 de agosto de 2019 |
Duración | 97 minutos[1] |
Orixe | India |
Xénero | Animación |
Na rede | |
Bombay Rose é un filme indio de 2019 escrito, editado, deseñado e dirixido por Gitanjali Rao.[2] O filme tivo a súa estrea mundial na Semana Internacional da Crítica no Festival Internacional de Cinema de Venecia.[3] Proxectouse na sección Contemporary World Cinema do Festival Internacional de Cine de Toronto de 2019.[4] O filme conta a historia dunha vendedora de flores que se namoraa. Realizouse mediante animación pintada fotograma a fotograma en ordenador e levou 18 meses con 60 artistas.[5][6] O filme tiña previsto o seu lanzamento en Netflix para o 4 de decembro de 2020, mais finalmente estreouse na plataforma o 8 de marzo de 2021.[7][8][9]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Cyli Khare como Kamala
- Gargi Shitole como Tara
- Amit Deondi como Salim
- Anurag Kashyap como Raja Khan
- Makrand Deshpande como Mike
- Geetanjali Kulkarni como Flower Seller
- Shishir Sharma como Anthony Pereira
- Virendra Saxena como avó de Kamala
- Amardeep Jha como Mrs D'Souza
Produción
[editar | editar a fonte]A directora do filme, Gitanjali Rao, dixo que se inspirou na vida dos "habitantes da rúa en Bombai", onde hai "unha loita diaria pola supervivencia, impregnada de privacións" con persoas sen teito e falta de recursos básicos e dereitos humanos, "polo que a xente escapa aos cinemas para esquecer a realidade. Pero cando as mesmas fantasías de Bollywood comezan a influír e substituír a realidade, o equilibrio pérdese. Bombay Rose baséase nisto, na loita dos soños e da realidade". Ela dixo que a industria de Bollywood contemporánea "non me inspira de ningún xeito", senón que a súa inspiración vén de "fimes independentes feitos na India e no mundo, filmes indios rexionais, filmes hindis anteriores á era de Bollywood e cinema mundial".[6]
A película foi realizada mediante animación pintada fotograma a fotograma en ordenador e levou 18 meses con 60 artistas.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bombay Rose (2021)". British Board of Film Classification. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ "Gitanjali Rao's animation film Bombay Rose to open Venice International Film Critics' Week". India Today. Consultado o 16 de agosto de 2019.
- ↑ "Bombay Rose, Gitanjali Rao's animated film, to be screened at 2019 Toronto Film Festival on 7 September". Firstpost. 14 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019.
- ↑ "Toronto Adds The Aeronauts, Mosul, Seberg, & More To Festival Slate". Deadline. 13 de agosto de 2019. Consultado o 16 de agosto de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 Bhatia, Uday (17 de agosto de 2019). "The dreamlife of Bombay". Mint. Consultado o 17 de agosto de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Ghosh, Madhusree (17 de agosto de 2019). "Bollywood doesn't inspire me in any way, says filmmaker Gitanjali Rao". Hindustan Times. Consultado o 17 de agosto de 2019.
- ↑ Desowitz, Bill (12 de novembro de 2020). "'Bombay Rose' Trailer: Netflix's First Animated Feature from India Arrives This December".
- ↑ "Twitter Publish". publish.twitter.com.
- ↑ Grobar, Matt (23 de febreiro de 2021). "'Bombay Rose' Director Gitanjali Rao Talks "Experimental" Pipeline Used To Bring Painterly Debut Feature To Life".